Javier Arias felicita a ‘Leña Verde’ polo 30 aniversario, que celebran este sábado coa colaboración da Xunta

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, felicitou hoxe á asociación Leña Verde polo seu 30 aniversario, que celebrarán este sábado na carballeira de Mosteiro (Pol) cunha xornada festiva na que colabora a Xunta de Galicia.

Arias participou hoxe na presentación do programa de actos na Delegación Territorial  xunto a Oscar Trigo e Luis Cedron, representantes da directiva da entidade. Dará comezo ás 14.00 horas cunha sesión vermú e a continuación haberá un xantar popular.

O delegado gabou o traballo realizado pola asociación durante estas tres décadas, destacando a súa contribución á música popular «cunha formación xurdida no seu seo e que leva alí onde vai o nome de Pol e da provincia de Lugo».

Comparte éste artículo
No hay comentarios