O PP da Fonsagrada denuncia que “o goberno local suba os impostos aos vehículos e repare os baches das estradas municipais con terra”

por Redacción Lugo

Os populares advirte desta “chapuza” por parte do goberno socialista á vista de que “a terra non é material apropiado para a reparación do firme das vías”

O PP da Fonsagrada denuncia que “o goberno local do PSOE suba o imposto de vehículos de tracción mecánica, pero arranxe os baches das estradas municipais con terra”.

Os populares condenan “esta chapuza” porque “este material non é o apropiado para este tipo de reparacións”. O portavoz, Bernardo Niño, engade que “como calquera pode prever, coa chuvia a terra marchará e as estradas municipais continuarán co mesmo problema: numerosos baches sen reparar”. Pero, ademais, advirte que “pode resultar perigoso para os vehículos ao tratarse dun material que non é o apropiado para a reparación do firme das estradas”.

Niño lembra que recentemente o equipo de goberno aprobou en pleno subir o impostos de circulación nun 50% e a pesar de recadar máis para as arcas municipais, decide aplicar terra para reparar as estradas do Concello que precisan labores de bacheo”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario