Abel Losada, responsable de Economía na Executiva do PSdeG, denunciou que este desaxuste suxire «un problema estrutural na economía galega que o Goberno autonómico, baixo a dirección do señor Rueda, nin identificou nin está interesado en resolver». Segundo o portavoz socialista, a Xunta de Galicia móstrase «inactiva e ausente», limitándose a servir os intereses do Partido Popular a nivel estatal, mentres Galicia sofre as consecuencias desta falta de atención
O responsable de Economía da Executiva do PSdeG, Abel Losada, expresou hoxe a súa preocupación ante os últimos datos do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) correspondentes ao mes de xullo, que sitúan a Galicia cun aumento do 3,1%, superando por cuarto mes consecutivo a media española, que se quedou nun 2,8%. Desta forma, Galicia convértese no mes de xullo na comunidade autónoma co IPC máis alto
Losada sinalou que «resulta especialmente difícil de entender e moi grave en termos económicos que Galicia estea a experimentar un incremento de prezos superior ao do conxunto de España, cando a nosa demanda non está a crecer ao mesmo ritmo». Subliñou tamén que mentres a poboación en Galicia mantense estancada, no resto do país continúa crecendo, o que debería reflectirse nunha menor presión sobre os prezos na comunidade galega. «Con todo, estamos a ver xusto o contrario», apuntou.
O socialista denunciou que este desaxuste suxire «un problema estrutural na economía galega que o Goberno autonómico, baixo a dirección do señor Rueda, nin identificou nin está interesado en resolver». Segundo o portavoz socialista, a Xunta de Galicia móstrase «inactiva e ausente», limitándose a servir os intereses do Partido Popular a nivel estatal, mentres Galicia sofre as consecuencias desta falta de atención.
Abel Losada advertiu que o incremento desmesurado do IPC en Galicia ten dous efectos devastadores para a nossa economía: «Por unha banda, as familias galegas están a ver como a súa poder adquisitivo diminúe en comparación co resto de España, e por outro, as nosas empresas están a perder competitividade a nivel nacional». Losada salientou que «se esta tendencia mantense no tempo, o impacto será aínda máis severo».
Finalmente, instou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a «deixar de mirar obsesivamente cara a Barcelona e empezar a centrarse en Galicia e nos problemas estruturais da nosa economía». Losada insistiu en que «Galicia necesita un goberno que estea á altura dos desafíos económicos que enfrontamos, e non un que desatenda os problemas fundamentais da nosa comunidade».
Desde o PSdeG demándase unha reacción inmediata e un plan de medidas concretas para abordar o crecente problema do IPC en Galicia, protexendo así o benestar das familias galegas e a competitividade das súas empresas.