Unidas Podemos Laxe enmenda o orzamento municipal 2024 do PP

por Jose Petalos Caranza

O grupo municipal de Unidas Podemos Laxe presenta a seguinte enmenda ao orzamento municipal para o 2024, aprobado inicialmente na sesión plenaria ordinaria celebrada o 18 de xullo do 2024.

En Laxe, desde o ano 2015 no que se aprobou a creación do PAI ata o ano 2023 , naceron 119 nenas e nenos. Moitas familias tiveron que recurrir ao centro de atención infantil de Cabana de Bergantiños ou xa ultimamente, e por falta de prazas neste, ao de Ponteceso. Esta situación reflicte, sen lugar a dúbidas, que en Laxe existen familias potenciais usuarias do servizo e que a súa demanda é real .

Por outra banda, consideramos fundamental a apertura do PAI para:

● contribuir a conter a perda de poboación que experimenta o noso concello de xeito continuado ao largo destas últimas décadas.

● fomentar á natalidade. No ano 2003 nacían en Laxe 30 nenas/os, no 2015 neceron 19 e nos anos 2021: 8 nenas/os, 2022: 12 nenas/nenos, 2023: 12 nenas/nenos

● reducir o desemprego feminino, xa que logo é preciso tratar esta cuestión con perspectiva de xénero pois tradicionalmente recae sobre as mulleres os coidados dos seus fillos e fillas. Na actualidade o desemprego feminino en Laxe case duplica ao masculino e por en funcionamento o PAI contribuiría a facilitarlle ás mulleres oportunidades de acceso ao emprego e a permanencia no mercado laboral.

Tendo en conta todo o exposto anteriormente e que as inversións, con diñeiro público, necesarias para por en funcionamento o PAI están realizadas, a saber:

● Por parte da Deputación Provincial de A Coruña: 93.742,93 euros

● Por parte da Consellería de Política Social e Xuventude: 12.032,11 euros

PROPOÑEMOS

Se cree un novo gasto no Orzamento municipal do 2024 de Laxe, correspondente aos costes derivados da posta en funcionamento do Punto de Atención a Infancia de Laxe por un importe estimado de 87.000 euros.

Reducindo na mesma medida o resultado de superavit recollido na Memoria da Alcaldía orzamento 2024 e que se corresponde ca cantidade de 121.898,89 euros, quedando por tanto este superavit en 34.898.89 euros

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario