Esta tempada no RC Deportivo, máis dun Leite. FEIRACO volta ás camisetas (Vídeo)

por Jorge García

A marca de leite FEIRACO volve ás camisetas da vestimenta do club deportivista da Coruña. Vinte e catro anos despois de protagonizar a camiseta blanquiazul do Real Club Deportivo de A Coruña durante oito temporadas inesquecibles para os coruñeses, FEIRACO regresa á equipación deportivista para esta temporada 2024-2025.

No partido da xornada 3 de LALIGA HYPERMOTION que se celebra o domingo 1 de setembro, o RC Deportivo xoga en Riazor contra o Racing Ferrol, os de Riazor estrearán as camisetas con logo de FEIRACO, desta volta non no frente da camiseta, senon na parte traseira, xusto enriba do nome dos xogadores.

Máis dun LEITE no RC Deportivo

A comunicación deste patrocinio realizouse nun simpático vídeo moi compartido en redes sociais e coa complicidade dunha das últimas fichaxes do RC Deportivo: o porteiro brasileiro Helton Leite. Na peza audiovisual o porteiro aparece coa camiseta na que se le o seu apelido “LEITE”. Mentres todos os espectadores pensan que se está a falar de Helton, o vídeo desvela que no RC Deportivo, agora, hai máis dun leite, desvelando finalmente o logotipo FEIRACO enriba do apelido do xogador.

Un regreso moi esperado.

A afición deportivista ten demostrada a súa devoción polo combo FEIRACO-RC Deportivo en moitas ocasións. Unha das últimas foi coa edición limitada da camiseta do Dépor verde co logotipo FEIRACO que provocou longas filas na Deportienda e se esgotaron en cuestión de días.

As mostras de apoio ó regreso desta marca á vestimenta do equipo coruñés faise notar con cada oportunidade nas redes sociais, onde se recollen miles de publicacións (algunhas moi enxeñosas) e peticións para que FEIRACO regrese como patrocinador. Unha comunidade que seguro celebrará que a marca de leite de cooperativa regrese ás camisetas como un dos patrocinadores premiums.


Comparte éste artículo
Escribe tu comentario