O Hockey Club Liceo xa fai sentir a súa presenza na Coruña para a nova tempada 2026/2027. A entidade verdiverde ven de lanzar a súa nova campaña de abonados, visible en diversos puntos estratéxicos da cidade mediante banderolas e tótems informativos deseñados para contaxiar a paixón polo hockey sobre patíns.
A resposta da afección non se fixo esperar: o club pechou o día superando a cifra dos 580 socios inscritos, un impulso inicial que demostra a fidelidade da masa social liceísta cara ao novo curso deportivo.
Unha cidade conectada co Palacio
Dende a directiva do Liceo quixeron agradecer publicamente o traballo de Mástil Rotulación, empresa encargada da produción e instalación de todos os elementos publicitarios que xa lucen na Coruña. «Detrás de cada paso hai moita xente sumando para facer o Liceo cada día máis grande», destacan dende a entidade.
O reto do club para esta tempada 26/27 é claro: sumar novos afeccionados, facer medrar a familia verdiverde e asegurar que o Palacio rexistre grandes entradas en cada partido.
Como facerse socio do HC Liceo
O prazo para dar de alta novos abonos ou renovar o carneda tempada 26/27 xa se atopa aberto. Os afeccionados interesase poden sumarse ao proxecto a través das canles oficiais do club e formar parte dunha tempada que promete emocións fortes na elite do hockey.