O vindeiro martes comeza o curso das escolas infantís municipais de Lugo

por Redacción Lugo

As familias están convocadas a una xuntanza o vindeiro luns en cada una das 4 escolas da rede municipal, onde se tratarán temas relativos ao curso escolar.

Maite Ferreiro anunciou que o vindeiro martes, 3 de setembro, comezará o curso escolar 2024-2025 nas escolas infantís municipais do Concello de Lugo. As familias con praza adxudicada en cada unha das 4 escolas están convocadas a unha xuntanza previa ao inicio do curso o vindeiro luns a partir das 19h, onde se
tratarán temas relativos ao comezo de curso.

As escolas infantís municipais prestan un servizo integral de carácter social e educativo que atende todas as facetas da aprendizaxe, motricidade, control corporal, primeiras manifestacións da comunicación e da linguaxe, pautas elementais de convivencia, relación social e descubrimento do entorno inmediato, realizando un traballo conxunto entre o ámbito escolar, a familia e o entorno físico. O compoñente asistencial está referido á prestación de todos os coidados necesarios como a hixiene, limpeza, o cambio de roupa,
manutención e atención á saúde dos menores.

Ferreiro explicou que o Concello realiza un investimento anual superior a 1.5 millóns de euros para o mantemento das escolas, «desde o Concello de Lugo realizamos un gran esforzo para cumprir cunha competencia, a educación infantil de 0 a 3 anos, que é da Xunta de Galiza»,  e engadiu «seguiremos a realizar un gran esforzo económico e administrativo para dar este servizo ás familias, mentres agardamos a
que a Xunta se faga cargo das súas competencias e xestione directamente estas escolas».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario