Grupo Popular Provincial: «Pola inacción de PSOE e BNG máis da metade das estradas provinciais están sen desbrozar xa rematado o verán»

por 21 Noticias


A nula preocupación polo mantemento das vías de titularidade da Deputación por parte do goberno provincial, é o que provoca que «moitas sexan perigosas», ben sexa porque a maleza invade a calzada impedido a visibilidade ou polas numerosas deficiencias que teñen como fochancas ou a carencia de elementos de seguridade.

  • Os populares non entenden como a mediados de setembro aínda non remataron os desbroces chegando ata o punto de que hai municipios nos que aínda «non se tocou nin unha silva»
  • No Grupo Popular explican que o mantemento das estradas provinciais segue a ser «unha das principais tarefas pendentes» para PSOE e BNG xa que, ademais dos desbroces, tampouco se preocupan de solucionar os problemas coas fochancas nin de colocar os elementos de seguridade necesarios e que reclaman os veciños

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario