A Xunta nomea a Alberto José López Díaz como novo xefe da área provincial do IGVS en Lugo

por Redacción Lugo

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantiveron unha xuntanza de traballo con Alberto José López Díaz trala súa toma de posesión como xefe da área provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS).

Alberto José López é licenciado en Dereito pola Universidade Central de Barcelona e conta con 34 anos de experiencia na Administración galega, na que ocupou diversos postos de responsabilidade. Entre eles, secretario provincial das anteriormente denominadas Consellería de Familia, Muller e Xuventude e Consellería de Asuntos Sociais. 

Nos últimos 16 anos exerceu como xefe da sección de Subvencións e Tramitación do IGVS en Lugo. No novo posto sucede a Marco Antonio Fernández Piñeiro, actual director territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

O IGVS é o organismo encargado de desenvolver as políticas de vivenda en Galicia.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario