· Para os populares este «primeiro gran proxecto do goberno local é un novo exemplo da crónica do esperpento e da desastrosa xestión de socialistas e nacionalistas» lembrando como:
- Cinco concelleiros inauguraban esta plataforma e, dúas semanas despois, retiran a estrutura tal e como ordena a Confederación Hidrográfica Miño – Sil, que foi a administración que autorizou a súa montaxe do 15 de xuño ao 15 de setembro durante 25 anos, e con varios condicionantes.
- O uso da rampa foi nulo salvo para unha foto dun concelleiro en boa forma, intentando mostrar unha praia fluvial inexistente.
- Gastáronse miles de euros en proxectos e materiais durante anos, con compra de estruturas flotantes como as do Sena (300.000 €) que teñen gardadas nunha nave alugada no concello do Corgo (20.300€ anuais).
- Contrataron o servizo de socorrismo que se pagou durante todo o verán
· Os populares concluían que «levamos 25 anos escoitando promesas dunha zona de baño pública, pero a realidade é ben distinta o único que tivemos , de momento, foi unha rampa efímera e sen uso»
Mentres en Lugo seguimos esperando por esta dotación nos concellos limítrofes levan anos disfrutando de praiais fluviais.