Luis Menor verifica en Baños de Molgas “a boa saúde da cooperación cos concellos”, na súa visita ás obras financiadas pola Deputación de Ourense

por Redacción Ourense
VISITA A BAÑOS DE MOLGAS. O presidente provincial, Luis Menor, realizará unha visita ás obras que a cooperación da Deputación facilitou no lugar de Presqueira, en Baños de Molgas. Na visita é acompañado de Manuel Fernández Movilla (Alcalde de Baños de Molgas), Pilar Otero (Tenente de Alcalde de Baños de Molgas) e polo concelleiro José Núñez. Na visita o Presidente Luis Menor tamén visitou o lugar de Alvite, incorporandose a visita o veciño do lugar, José Cid Guede.

Xunto ao alcalde, Manuel Fernández Movilla, o presidente provincial visitou algunhas das obras que se executanmediante a colaboración provincial en Baños de Molgas, como a rexeneración do firme en Presqueira (45.100 euros), que tamén inclúe Nogueira de Abaixo.

O presidente provincial, Luis Menor, realizou esta mañá unha visita ao concello de Baños de Molgas, acompañado polo seu alcalde, Manuel Ángel Fernández Movilla, e membros da Corporación. O obxecto da visita, tal e como está a realizar Luis Menor noutros municipios, é comprobar o grao de execución ou mesmo o resultado das obras levadas a cabo nas entidades locais grazas á colaboración provincial.

Menor constatou deste xeito “a boa saúde da cooperación cos municipios” tras supervisar a execución das obras financiadas pola Deputación, desta volta a mellora de vías municipais coa rexeneración do firme en Presqueira, que se estenderá tamén á localidade de Nogueira de Abaixo (45.100 euros). Unha obra que se enmarca nos plans do Goberno local para dotar de mellores accesos e acondicionar rúas en todos os pobos do municipio.

Os traballos de mellora en vías locais tamén se executará en Almoite (23.500 euros) e San Pedro de Ribeira (12.200 euros). Ademais tamén figura dentro do Plan CooperOU o bombeo en San Pedro de Ribeira (30.947,39 euros); a contratación de persoal para limpeza de marxes viarias ou traballos medioambientais (43.300 €); e a organización de actividades culturais e xuvenís (19.872,10 €).

Trala visita, Luis Menor mantivo un encontro de traballo co alcalde no que analizaron estes investimentos, aos que se suman outras achegas dispostas pola Deputación para a optimización enerxética do alumeado público (40.000 euros) o a humanización de rúas en Suatorre e Meaman (60.000 euros).

Neste sentido, o presidente provincial destacou que neste ano Baños de Molgas recibirá 182.919,85 € no marco do Plan CooperOU, programa que ao remate do mandato alcanzará os 793.869,28 euros. 

Estímase que coa financiación do Plan CooperOU e outras achegas, Baños de Molgas disporá neste mandato de máis de 1 millón de euros de fondos provinciais para obras e servizos

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario