A Xunta de Persoal do distrito sanitario da Mariña, rexeita as declaracións do xefe de Pneumoloxía do HULA

por 21 Noticias

A Xunta de Persoal do Distrito Sanitario da Mariña quere manifestar o seu apoio e respaldo a todos os profesionais de atención primaria e atención hospitalaria e rexeita as declaracións e moi graves acusacións do Xefe de Pneumoloxía do HULA.

Esta Xunta de Persoal vai estar sempre co sistema sanitario público galego, esixindo que se respecte a profesionalidade dos traballadores e traballadoras, que se ofrezan unhas condicións de traballo dignas e a dotación dos recursos necesarios para manter un sistema imprescindíbel para unha sociedade democrática que poida dar servizo de calidade a todas as persoas, sen deixar a ninguén atrás.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario