Javier Arias traslada o apoio da Xunta a AFALU ante a conmemoración do Día do Alzhéimer

por 21 Noticias

O delegado territorial en Lugo, Javier Arias, visitou a carpa informativa instalada hoxe na explanada da Delegación Territorial da Xunta pola Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Afalu) con motivo do Día Mundial contra esta enfermidade. Esta noite, a fachada do edificio administrativo iluminarase de morado para sumarse á conmemoración.

Arias puxo en valor o traballo das entidades sociais no desenvolvemento de programas de atención ás persoas que sofren esta doenza e ás súas familias, para o que contan coa colaboración da Xunta. Tamén subliñou que Galicia é a única comunidade que dispón dunha rede pública de centros de día específicos para a atención ao alzhéimer.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario