O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este domingo na entrega de premios da proba da Copa de España de motocrós clásico que acolleu este fin de semana o circuíto lucense Jorge Prado. Rivera Capón destacou que esta cita, na que competiron 50 persoas e forma parte do calendario nacional, supón unha promoción importante para a provincia.
Na entrega de premios, o Deputado estivo acompañado de José Aurelio Novoa Rodríguez, Presidente da Asociación Motorista Lucense, que é a entidade organizadora desta proba deportiva.