Ruta ornitolóxica pola costa de Cangas

por 21 Noticias

O sábado 28 de Setembro organizamos un roteiro ornitolóxico pola costa de Cangas no que iremos observar aves que frecuentemente viven entre a costa e a entrada da Ría de Vigo.

Desta feita, na que será a terceira ruta de observación de aves dentro da campaña’12 meses, 12 saberes’ que organizamos ao longo de 2024, observaremos aves como o Bilurico bailón, o  Virapedras e aprenderemos a distinguir entre o Corvo mariño cristado e o Corvo mariño real.

Tamén dedicaremos especial atención ás varias especies de gaivotas que se poden observar na Ría de Vigo. Estamos tan acostumados a velas que por veces non reparamos nas diferenzas que permiten distinguir facilmente entre:

Gaivota patiamarela

Gaivota chorona

Gaivota cabecinegra

Gaivota escura

Serán dous quilómetros ao longo da costa de Cangas nun percorrido de dificultade baixa. Non é imprescindible, porque os guías levarán aparellos de observación, pero se podes trae os teus propios prismáticos de modo a axilizar a observación de cada ave.

.Data: sábado 28 de setembro, de 11:00 a 13:30

.Punto de encontro: Estación marítima de Cangas – 42°15’41.9″N 8°47’05.4″W

Os que vaiamos dende o sur quedamos ás 10:15 na Estación marítima de Vigo

.Inscrición: A inscrición é gratuíta pero obrigatoria en info@verdegaia.org, indicando o nome de cada persoa, un número de teléfono e especificando se algunha é menor de 14 anos.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario