| 3 de febreiro: descascado, roza e plantación As Brigadas voltan a Mondariz-Balneario o 3 de febreiro para actuar sobre unha parcela de titularidade pública, aínda sen reclamar como mancomún. O obxectivo é continuar coas rogas anteriores: toxo e gromos de eucalipto aproveitaron ben as choivas para avanzar, así con un foco de mimosa. Seguiremos co descascado, roza e tratamento contra a mimosa, ademais dunha primeira plantación de bidueiras. Para participar é necesario estar inscrito previamente como Brigadista.A Universidade das Nacións Unidas recoñece o proxecto Vemo-no no MonteA Universidade das Nacións Unidas recoñeceu en 2023 o proxecto Vemo-nos no Monte! Educación para a Prevención, Control e Educación sobre Especies Invasoras, como «buque insignia» (flagship) dos proxectos educativos innovadores da Global RCE Network de educación para o desenvolvemento sustentábel.Vemo-nos no Monte! foi un proxecto transfronteirizo realizado durante 18 meses, entre os anos 2022 e 2023, levado a cabo pola Fundación Montescola, a Fundación CEER (Centro de Estudos Euro rexionais Galicia-Norte de Portugal) e a asociación portuguesa À Escuta, co apoio das Brigadas Deseucaliptizadoras de Verdegaia.Actividades realizadas dentro do proxecto. As Brigadas Desucaliptizadoras son unha iniciativa da Asociación Ecoloxista Verdegaia que teñen como obxectivo mobilizar, organizar e coordenar persoas de todo o País con vontade de botarse ao monte para realizar accións de voluntariado ambiental en colaboración coas titulares de terreos con valores ambientais degradados ou ameazados pola eucaliptización e outras especies exóticas invasoras. Mediante a erradicación destas especies e a súa substitución por outras autóctonas de alto valor ecosistémico. As accións das Brigadas teñen como obxectivo que as zonas intervidas non volten a ser pasto do lume e que sirvan como zonas protectoras, actuando como cortalumes verdes e corredores de biodiversidade. |
![]() ![]() ![]() ![]() |



