A inauguración da exposición, ‘ROSALÍA: proclamar ao mundo que Galiza existe’ terá lugar no Museo do Pobo Galego, o mércores, día 25 de setembro, ás 19h.
Esta exposición- con textos do escritor, crítico literario e historiador Francisco Rodríguez e debuxos do humorista gráfico, debuxante e guionista de banda deseñada Pepe Carreiro- conxuga tres aspectos determinantes para coñecer e valorar a figura e a obra de Rosalía de Castro: a súa biografía, o contexto histórico e socio-cultural en que se desenvolve e a orientación, o sentido e a vixencia da súa obra.
Na inauguración Intervirán a Presidenta do Museo do Pobo Galego, Concha Losada, a Concelleira de Cultura Educación e Turismo, Miriam Louzao, o presidente de Galiza Cultura, X.Manuel Carril e o coordenador de Vía Galega, Anxo Louzao.
Pechará o acto a intervención de Francisco Rodríguez, autor dos textos, que nos presentará a exposición, tendo en conta o enfoque e fundamentos dos que partiu e a idea que se persigue.