Os socialistas de Arteixo piden ao goberno local que incremente a vixilancia policial nos barrios do Petón e As Eiras en Meicende e que avance nas actuacións de rehabilitación da zona

por Redacción Galicia

O PSOE de Arteixo sinala que dende a eliminación na cidade de A Coruña da barriada de Penamoa e posteriormente das vivendas que se situaban na recta de San José, lugares próximos ao núcleo de Meicende e focos tradicionais de venta de estupefacientes, “trouxo consigo o aumento de delincuencia e a aparición de novos focos de venda de drogas no barrio arteixán”.

Por todo iso, os socialistas consideran imprescindible a mellora urbanística do barrio de O Petón e As Eiras, así como das súas vías de comunicación e mobilidade, da súa accesibilidade, da iluminación, a creación e coidado de espazos comúns, e do seu mobiliario, da limpeza e mantemento das súas zonas verdes e da seguridade “para a mellora da calidade de vida da veciñanza, o fomento da convivencia e a eliminación das actividades delituosas que se producen no barrio”.

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario