A Fundación Juana de Vega organiza unhas xornadas sobre agromárketing no sector lácteo xunto co CFEA de Sergude

En total, ofértanse 10 prazas con asistencia de balde aos dous días de formación, incluíndo tamén a visita guiada a QUEIZUAR.

A Fundación Juana de Vega, no marco das axudas da Rede Eusumo 2024 para a realización de actividades de promoción e impulso do cooperativismo e da economía social, organiza a última das xornadas de divulgación sobre aspectos relacionados co emprendemento innovador no sector agroalimentario, poñendo o foco nasentidades de economía social.

Esta formación, que leva por título «Agromárketing no sector lácteo», terá lugar no Centro de Formación e Experimentación Agraria (CFEA) de Sergude o martes, 8 e o mércores 9 de outubro de 09:30 a 17:30h.

Esta formación conta cunha primeira parte de divulgación do emprendemento en economía social no sector agroalimentario, e charlas sobre aspectos innovadores de mellora da competitividade. O segundo día, o programa complétase cunha mesa redonda con tres entidades sociais do territorio que aplican a innovación nos seus plans de negocio, así como cunha visita á fábrica de queixos QUEIZUAR, situada na parroquia de Bama (Touro).

En concreto, na mesa redonda que moderará a Fundación Juana de Vega, participaránQUEIZUAR, da man de Benigno Pereira Ramos, socio xerente e presidente do CRDOP Queixode Tetilla; a cooperativa de servizos a productores de leite Cobideza, representada por Román Santalla, presidente da entidade e gandeiro; e a cooperativa láctea Pico Sacro, á que porá voz a súa xerente Patricia López López.

Asistencia de balde para formarse

As xornadas están abertas a todas as persoas e profesionais interesados en coñecer de primeira man novas ideas de negocio vinculadas as pequenas transformacións a escala artesanal en produtos alimentarios de calidade.

En total, ofértanse de balde 10 prazas que se asignarán por orde de inscrición. O formulario para anotarse poder verse na web da Fundación Juana de Vega aquí:https://juanadevega.org/xornadas_e_cursos/agromarketing-para-o-sector-lacteo

Comparte éste artículo
No hay comentarios