O PP solicita a cobertura inmediata de conserxes nos CEIPs de As Mercedes e Casás

por Redacción Lugo

O Partido Popular recrimina ao goberno local que, dúas semanas despois de iniciarse o curso escolar nestes dous centros educativos, estén sen este persoal.

O concelleiro popular Javier Vázquez explica que «é preocupante a falta de planificación do goberno bipartito de Lugo» incidindo en que «tiñan constancia dende o mes de xullo desta problemática e que non fixeron nada para solucionar situación».

Nestes dous centros están desbordados, non hai quen atenda as chamadas e o peche das instalacións polo que se sobrecarga aos equipos directivos coas funcións que corresponden aos conserxes.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario