Envorca un camión na AG-55 ao seu paso por Arteixo

por Óscar de Souto

Os bombeiros do parque Provincial de Arteixo foron alertados pasadas as 12:00 horas desta mañá dun accidente acontecido na AG-55, á altura do punto quilométrico 11, ao paso da vía polo concello de Arteixo.

O condutor do vehículo precisou da colaboración dos bombeiros provinciais para abandonar a cabina do vehículo xa que envorcou sobre o seu lado esquerdo. Debido á incidencia o tráfico tivo que ser cortado para retirar o camión.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario