Debate: Unha alternativa para a vivenda

por Redacción Galicia

Este martes ás 19:30 no Centro Sociocultural e Xuvenil o Ensenache de Santiago de Compostela

A vivenda do mesmo xeito que a sanidade ou a alimentación é un ben esencial do que non podemos prescindir. Como tal converteuse nunha das principais preocupacións dos cidadáns. Afecta a amplas capas da poboación, impide a emancipación dos mozos e acelera a desigualdade. É un problema central que ocupa portadas de telexornais, editoriais e faladoiros.

Pero abrir este debate a nivel social, a colectivos sociais e entidades cívicas, a organizacións sindicais e políticas…, debater sobre como afrontar este problema e que alternativa necesitamos é fundamental nestes momentos.

Recortes Cero está a impulsar a celebración destes debates por diferentes lugares de toda España.

Este martes 8 de outubro terá lugar o debate «Unha alternativa para a vivenda» no Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensenache de Santiago de Compostela. Coa participación de Podemos, Por un Mundo Más Xusto, Unión Sindical Obreira (USO), Xuventudes Socialistas (XSG) e Recortes Cero.

Os organizadores sinalan que é un debate aberto no que cada entidade e organización participante poderá expoñer a súa posición e a alternativa ao problema da vivenda e achegar as medidas que considere. Abiéndose a continuación un debate entre os asistentes.

DEBATE: Una alternativa para a vivenda

MARTES 8 DE OUTUBRO – 19,30 H.

Centro Sociocultural e Xuvenil o Ensenache

Rúa Frei Rosendo Salvado 14/16 baixo

Santiago de Compostela

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario