Este xoves, 10 de outubro, a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica presenta no CEIDA o libro: “Os anos de guerra e a prisión provincial da Coruña. Memorias dun recluso: Domingo Quiroga Ríos”, que ten como principal protagonista ao xornalista Domingo Quiroga, que da nome á nosa biblioteca e centro de documentación ambiental.
Domingo Quiroga Ríos foi experto en medio mariño e pesca, chegando a ser nomeado oficial de pesca pola FAO (Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura). Colaborou na fundación de ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia), da que foi o seu primeiro presidente.
O libro, coordinado polo historiador Luis Lamela, narra unha das épocas máis duras da súa vida: a estancia durante casi dous anos no cárcere provincial de A Coruña. Alí coincidiu cun trío de mozos, José Díaz Edreira, Enrique Pérez Martínez e Eduardo Torrón Cabezas, individuos encerrados nun cárcere na que a morte non acababa nunca e desde onde escoitaban descargas de fusilería e tiros de graza; illados. Alí, naquel amurallado cárcere, próxima á Torre de Hércules, permaneceron encerrados máis de cincocentos presos políticos.
O acto terá lugar ás 19 horas nas antigas cabalarizas do Pazo de Lóngora (Rúa Casares Quiroga, 29, Liáns, Oleiros), actual sede do Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga.