A senadora por Pontevedra foi elixida como presidenta da Comisión de Orzamentos na Cámara Alta en substitución de Ximo Puig, que foi designado embaixador de España na OCDE. A política viguesa agradeceu a confianza do Grupo Socialista na súa candidatura e o apoio do resto dos grupos.
A senadora socialista por Pontevedra, Carmela Silva, presidirá a Comisión de Orzamentos do Senado ao ser a candidata proposta polo Grupo Socialista na Cámara Alta liderando a única Comisión encabezada polo PSOE.
A política viguesa louvou que “unha muller presida a Comisión de Orzamentos” e agradeceu ao Partido Socialista a confianza que deposita nela para levar adiante esta tarefa. A representante socialista recoñeceu o apoio do resto dos grupos do Senado.
“Desexo que sexa unha Comisión que realice un bo traballo. España necesita altura de miras”, declarou.
Carmela Silva substitúe a Ximo Puig ao fronte desta Comisión, que foi designado embaixador de España na OCDE.