Balance de praias de Oleiros: menos incidencias, mellor servizo

por 21 Noticias

O Servizo de Salvamento e Socorrismo do Concello de Oleiros efectuou este verán 9 rescates de emerxencia. A alta seguridade das praias de Oleiros, pese a seren as máis concorridas do norte de Galicia, débese á eficacia dun dispositivo de seguridade composto por 39 persoas que actúa.

O Servizo, que conta con atención sanitaria nas praias de Santa Cristina, Bastiagueiro, Santa Cruz, Mera e Espiñeiro, dispón de dúas distincións de Bandeira Azul pola calidade do seu traballo, caso único no litoral español.

No ámbito sanitario, atenderon 280 picaduras de escarapotes e 4 de medusa, 381 feridas, entre outros traumatismos. Só tiveron que derivar ao hospital a unha persoa e atenderon unicamente 2 casos de insolación.

Ademais deste tipo de servizos máis coñecidos, realizan un importante labor preventivo, como son a vixilancia das 190 actividades de verán para persoas en idade escolar, retiraron 2 animais das praias e outros 28 obxectos que puidesen ser perigosos, 62 obxectos perdidos, atenderon 24 peticións de axuda ao baño de persoas discapacitadas e ofreceron o préstamo de 11 muletas para persoas que as necesitaban.

En canto á procedencia das persoas que precisaron atención, 535 eran de Oleiros e 299 da Coruña; 75 da área metropolitana e 61 do resto de Galicia. De Madrid procedían 89 persoas atendidas e 53 do resto de España. Tamén se atenderon 5 persoas alemás, 3 suízas, 3 inglesas e unha de cada unha destas nacionalidades: rusa, belga, arxentina, norteamericana e escocesa.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario