AMARAI celebra a súa VI Xornada Ecuestre con moitas novidades

por 21 Noticias

A Asociación AMARAI (Asociación de Persoas con Discapacidade e Apoio á Integración das Comarcas de Arzúa e Terra de Melide) organizou a súa VI Xornada Ecuestre.

O pasado venres, día 4 de outubro, tivo lugar esta xornada, onde preto de 200 persoas con discapacidade se xuntaron no Centro Ecuestre do Marco das Pías, en Sobrado dos Monxes.

A convivencia, o contacto co mundo animal e a diversión, son a base desta actividade, onde participaron varias entidades da provincia de A Coruña: dende a comarca da Barbanza achegouse a asociación AMBAR (Ribeira); en representación á Costa da Morte, acudiron un grupo de persoas da asociación ÍNTEGRO (Cabana de Bergantiños); dende a comarca de Noia, participaron as asociacións de ADISBISMUR (Outes) e MISELA (Noia); e, dende a provincia de Pontevedra, acudiu a entidade de MEDELO (Silleda).

Adentrándose no mundo cabalar, a xornada deu comezo cunha mañá chea de actividades: rutas de sendeirismo con cabalos, circuíto de obstáculos con ponis, aprendizaxe sobre o coidado do animal e a oportunidade de que persoas usuarias das outras asociación puidesen montar e ser xinetes por un día. Pero, se algo hai que destacar de esta edición foron as innovacións das actividades: unha feira ecuestre con xogos populares adaptados á temática e un taller de elaboración de bolsas de tela.

Transcorre o día cun xantar conxunto e da paso a unha tarde na que coma novidade, se realizou un concurso final onde se tiña en conta o vestiario, a colaboración e a simpatía, e cuxos premios foron elaborados polas persoas usuarias do centro de recursos de AMARAI.

Remata a xornada cunha exhibición final por parte de Javier González Fraga, director do Centro Ecuestre, e cunha entrega de premios, agradecendo a participación un ano máis, a tódalas entidades e ao persoal do Marco das Pías, facendo especial recoñecemento a Lara e Belén, monitoras do servizo de hipoterapia, ao que acuden cada semana un grupo de persoas usuarias de AMARAI e que estiveron presentes durante toda a xornada.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario