A Xunta apoia a I Festa da Xuventude que se celebra este venres no barrio da Milagrosa

por Redacción Lugo

A Xunta de Galicia apoia a I Festa da Xuventude que se celebrará este venres 11 no barrio da Milagrosa, en Lugo. O delegado territorial, Javier Arias, reuniuse con representantes da comisión organizadora para abordar os detalles da celebración.

A festa terá lugar na praza Agro do Rolo e comezará ás 22.00 horas cunha sesión DJ a cargo de Stormcloud, á que seguirá a verbena coa actuación da orquestra La Fórmula.

O Goberno galego mantén a súa colaboración con distintas entidades e asociacións para promover actividades lúdicas e culturais que dinamizan os barrios da cidade no marco das festas de San Froilán. Entre as citas culturais impulsadas pola Xunta figura tamén a mostra Cultura e tradición no Camiño, que achega ao público as técnicas dos oficios artesáns e que se pode visitar ata o día 12 no patio da Oficina de Turismo, ou a nova xornada do evento de arte corporal Oktoberink, que se desenvolverá o sábado na Praza de Abastos para seguir presentando o traballo de estudos locais de tatuaxe, piercing e centros de beleza despois do éxito da pasada fin de semana.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario