O PP denuncia que o goberno de Tomé está a cobrar aos usuarios da piscina e do ximnasio sen poñer a súa disposición unha instalación alternativa

por 21 Noticias

Katy Varela afirma que se o Concello non dá unha solución inmediata aos usuarios afectados «realizaremos preguntas no vindeiro pleno para que José Tomé se pronuncie publicamente sobre que vai facer tras cobrar aos monfortinos por un servizo que non lles está a prestar».

A voceira popular explica que moitos monfortinos lle trasladaron o seu malestar tras ver como dende o Concello de Monforte xa pasaron a cobro as cuotas trimestrais e anuais sen dar unha alternativa para os seus adestramentos

·          Katy Varela afirma que o goberno de Tomé xa tiña que ter un plan alternativo para dar unha solución aos monfortinos xa que «hai tempo que o proxecto de renovación da piscina está rematado, polo que dende o Concello de Monforte xa se tiña que ter preparado un plan de uso alternativo»

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario