O Concello de Cedeira inviste preto de 60.000€ na mellora do firme do vial que une O Barral coa estrada AC-566

O Concello de Cedeira acaba de publicar na Plataforma de Contratación do Sector Público a licitación para levar a cabo a renovación do aglomerado do vial que vai desde O Barral ata a AC-566. É unha actuación que conta cun presuposto de 57.704€ (IVE incluído) e que servirá para mellorar o firme da estrada e poñer ao día a sinalización […]

Leer más

O Concello de Cedeira reparte un millar de funís para facilitar a recollida selectiva de aceite doméstico

O Concello de Cedeira pon en marcha unha campaña a prol da recollida selectiva de aceite doméstico. Por un lado incrementouse o número dos contedores para depositalo, pasando de 17 a 22, e por outro se están a repartir un millar de funís entre a poboación para facilitar a xestión deste residuo nas casas. A iniciativa lanzouse cunha xuntanza co […]

Leer más

Arranxado en Cedeira o firme da rúa Paimpont e o camiño de acceso ao núcleo das Saíñas

Investíronse máis de 45.000€ nestas dúas intervencións, no marco das tarefas habituais de mantemento e mellora dos viais de titularidade municipal O Concello de Cedeira vén de realizar dous investimentos para mellorar o firme dunha rúa da zona urbana e para dotar de saneamento e cambiar o firma dun camiño da zona rural. As dúas intervencións suman máis de 45.000€. […]

Leer más

Cedeira vístese mañá de entroido para o tradicional desfile, tras o que virán tres días de actividades infantís

Catro comparsas, catro grupos e unha parella inscribíronse para participar mañá no desfile de Entroido de Cedeira, que o Concello volve a organizar este ano como era tradicional, cun percorrido polas rúas e un baile posterior, que desta volta estará amenizado pola orquestra Los Player’s. O percorrido comezará na Praza Roxa ás 17.00 horas e a comitiva irá polas rúas […]

Leer más