ADEGA traslada á Fiscalía Xeral do Estado a denuncia contra o indulto millonario da Xunta a Greenalia

A Fiscalía de área de Santiago de Compostela vén de notificar a ADEGA o arquivo das dilixencias de investigación penal nº 71/22, relativas á denuncia presentada por esta asociación en novembro de 2022, pola modificación ilegal do plan industrial asociado ao proxecto do parque eólico Campelo de Greenalia. Na denuncia expoñíase polo miúdo o contido da resolución de 21 de […]

Leer más

A presión veciñal e a información achegada por colectivos medioambientais paran o proxecto de Greenalia en Baltar, Calvos de Randín e Os Blancos

A primeira pata do macrocomplexo eólico do proxecto fragmentado (Lamas de Feás + Lamas II) obtén DIA desfavorábel, co que se frea tamén a LAT que Greenalia pretende construír ao longo de 42 quilómetros nos concellos de Calvos, Porqueira, Bande, Verea, Celanova, Quintela, Pontedeva e Padrenda

Leer más

O TSXG paraliza cautelarmente o terceiro parque de Greenalia recorrido por ADEGA e a PDCC

Non hai dous sen tres: o TSXG vén acordar por medio dun Auto con data 16 de decembro a paralización cautelar do parque eólico «Monte Toural», tal como fixera co «Campelo» e o «Bustelo», os tres de Greenalia. ADEGA e a PDCC (Plataforma en Defensa da Cordilleira Cantábrica) interpuxeron os correspondentes contenciosos contra as autorizacións da Xunta a estes tres […]

Leer más

ADEGA denuncia á Xunta por presunta prevaricación e malversación na tramitación de parques eólicos de Greenalia

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) vén de presentar denuncia ante a Fiscalía de Medio Ambiente de A Coruña contra a anterior Directora Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría Traba, actualmente Secretaria Xeral de Industria da Xunta, por presunta prevaricación e malversación de fondos en relación á tramitación do plan industrial asociado á asignación […]

Leer más

Novo pau xudicial para a Xunta e Greenalia: O TSXG paraliza cautelarmente o Parque Eólico Bustelo

ADEGA e PDCC recorreron as resolucións de autorización da Xunta para os parques eólicos de Greenalia “Campelo”, “Bustelo” e “Monte Toural”, proxectados nos concellos de Coristanco, Santa Comba, Carballo e Tordoia, ao consideralos unha fragmentación artificial de proxectos.

Leer más

O TSXG paraliza cautelarmente a execución do Parque Eólico Campelo de Greenalia

A sección terceira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por medio de Auto de data 19 de setembro, vén de acoller a pretensión de ADEGA e da PDCC de suspender a execución do acordo do Consello da Xunta de Galicia, de 18 de novembro de 2021, polo que se outorgaron as autorizacións administrativas previa e de construción e […]

Leer más

Plataformas e entidades ecoloxistas piden á Francisco Conde transparencia en relación ás axudas públicas que puido recibir Greenalia para a implantación dos seus parques eólicos na Costa da Morte

Cuestiónase a viabilidade económico –financieira dos parques que se puideron beneficiar tanto de diñeiro público europeo como das prerrogativas que lle outorga a normativa vixente, á medida das promotoras eólicas, como a expropiación forzosa a prezos de saldo e a prevalencia do uso eólico. A información solicítase con respecto aos parques eólicos Alto da Croa, Alto da Croa II, Monte […]

Leer más