Éxito das actividades do Plan Director de Convivencia e Seguridade do Goberno con case 11.000 asistentes en 100 centros educativos de Lugo

O obxectivo das actuacións deste Plan do Ministerio de Interior é responder a cuestións sobre seguridade que expoñen os escolares, profesorado e familias, adaptando as formacións ás necesidades de cada centro

Leer más

Isabel Rodríguez ofrece “a máxima colaboración” a Concello de Burela e RFEF para “garantir a seguridade” na Supercopa de España de Fútbol Sala Feminino

Para o evento desportivo previuse un reforzo de efectivos policiais para velar pola seguridade das persoas que se congregarán no pavillón e ao redor del os días 28 e 29 de xaneiro en Burela

Leer más

Isabel Rodríguez lamenta que a Xunta deixara de ingresar 4,3 M€ do Ministerio para axudas fronte ao lobo “pola súa estratexia de confrontación ao Goberno”

A subdelegada lembrou que Galicia é, con Madrid, a única Comunidade Autónoma que non se adheriu á “Estratexia para a conservación e xestión do lobo (Canis lupus) e a súa convivencia coas actividades do medio rural”, impulsada polo Goberno, que se axusta á normativa europea

Leer más

O Ministerio de Educación colabora co Concello de Xermade para ofrecer formación a distancia aos adultos da localidade

Isabel Rodríguez puxo en valor o programa de formación non regrada que promove o Ministerio de Educación “pois é unha oportunidade para as persoas que viven no medio rural, dado que lles permite acceder a unha formación de calidade, axustada á demanda laboral, ao tempo que adquiren novas competencias dixitais”

Leer más

Piden aos peóns da provincia de Lugo “tomar todas as medidas de autoprotección para evitar atropelos en estradas e vías urbanas”

No que vai de 2022 rexistráronse 2 atropelos con vítimas mortais na provincia. Este ano houbo 11 accidentes por atropelo nas estradas e travesías lucenses, un 42,2% menos con respecto ao ano anterior. A esa cifra hai que sumar outros 46 atropelos en vía urbana, 32 menos que no 2021, un 27% menos en total

Leer más

Isabel Rodríguez constata en Rábade que “o Plan de Recuperación chega aos concellos e á cidadanía”, con 412.000€ para a rehabilitación do antigo Cine Man

“Rábade é un claro exemplo de como o Goberno apoia proxectos que están a permitir transformar a vida no medio rural, impulsando actuacións sostibles e recuperando equipamentos públicos para os cidadáns” afirmou a subdelegada

Leer más
1 2 3 4 5 6