Julio Torrado sorpréndese de que a Xunta afirme “non ser partícipe” dun sistema de control das augas da ría de Arousa que foi anunciado coa súa presenza

O deputado socialista Julio Torrado manifestou hoxe a súa “sorpresa” polo feito de que a Xunta negue ser partícipe dun sistema de control das augas na ría de Arousa que, precisamente, foi anunciado nun acto que contou coa presenza destacada de representantes da Consellería do Mar.

Leer más

Confirman a falsedade das cifras da pretendida “restauración integral” de augas da mina de Touro anunciada por Cobre San Rafael

As grabacións do encontro municipal do pasado día 18 no Concello de Touro confirman que o proxecto de drenaxe publicitado pola mineira o pasado 10 de marzo depende únicamente da mercantil Explotaciones Gallegas, non coincide co anuncio da empresa extractiva e só aporta ao Concello 762 euros en concepto de imposto sobre construccións, instalacións e obras

Leer más

Comunicado de la Plataforma Vecinal Mina Touro – O Pino NON

Seguir el argumentario de la concesionaria de la mina de Touro respecto a la contaminación y restauración de los terrenos de la antigua explotación no es sencillo. Allá por 2017, cuando presentaron el proyecto de explotación de cobre a cielo abierto, la premisa era negar toda contaminación, alegando que el proyecto de los tecnosoles de Felipe Macías de principios de […]

Leer más

Miles de toneladas de lodos tóxicos quedan fóra do proxecto de “restauración” do impacto ambiental da mina de Touro que “promete” Cobre San Rafael

O colectivo Arzúa Sostible advirte que o anuncio da filial de Atalaya Mining e Explotaciones Gallegas do seu “Plan Integral” de tratamento de augas é só unha ferramenta de propaganda da empresa que oculta as carencias dun proxecto inconsistente, incompleto e ineficiente que en absoluto poñerá solución ás que a día de hoxe son algunhas das zonas máis contaminadas de […]

Leer más

A veciñanza de Touro e O Pino rexeita a utilización do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC a favor da mina de Touro

A Plataforma veciñal Cornado Mina Non considera viciado de orixe o informe “Ambarulla” e esixe unha aclaración pública de si Ricardo Prego Reboredo, xefe do grupo de Bioxeoquímica Mariña da entidade, ten algunha relación contractual coa filial de Atalaya Mining en Galicia e cal é a súa vinculación con Felipe Macías Vázquez, exprofesor de Química Agrícola da Universidade de Santiago […]

Leer más

“É fundamental aclarar se o INTECMAR como organismo público está a recibir fondos da promotora da mina de Touro”

Cornado Mina Non reclama á Xunta unha investigación co fin de determinar se o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia está a ser utilizado a prol dos intereses comerciais da mercantil Cobre San Rafael e si existe participación económica directa ou indirecta da mineira nas súas actividades

Leer más

Cornado Mina Non presenta unha queixa ante a Consellería de Emprego e Igualdade pola utilización de persoas en situación de desemprego a prol da mina de Touro

A mercantil Cobre San Rafael está a a inscribir ás paradas e parados que entregan o curriculum no seu colectivo instrumental, autodenominado “Asociación Plataforma de Traballadores Mineiros Touro O Pino” para simular apoio social, dado que a entidade creouse por parte de empregados da mineira co único obxectivo de fragmentar a maioritaria oposición da veciñanza e tentar sacar adiante o […]

Leer más

A Xunta de Galicia debe activar tal como marca a Lei o plano de restauración da antiga mina de Touro desligado de calquera novo proxecto extractivo

O 25/11/2019 a Xefatura Territorial da Consellería de economía, emprego e industria (CEEI) require á mercanti Explotacións Gallegas S.L. (EXGA) un proxecto integral de drenaxe da mina de cobre abandonada de Touro. O 02/03/2021 reitera o requerimento sen que se executara o proxecto temporal autorizado previamente (2018). Así, nestes 3 anos, esas augas contaminadas continuaron alcanzando o dominio público hidráuco […]

Leer más
1 2 3