PP Foz. «A reforma da Rúa Limoeiros impide aos veciños manobrar cos seus coches para entrar e saír dos garaxes»

Unha e outra vez o alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, dá mostras inequívocas da súa incapacidade para planificar, para xestionar a solución aos problemas dos veciños. O caso da rúa Limoeiros é un máis na cadea de despropósitos de xestión. Así o sinala o portavoz popular, Javier Castiñeira, que explica: “O arranxo da rúa Limoeiros é unha auténtica […]

Leer más

O PP de Foz insta ao Concello e a Portos a resolver o problema do talude na zona de O Curbeiro e abrir un segundo acceso ao aparcadoiro municipal

O grupo municipal do PP, como ao longo de todo o mandato, segue no seu labor de oposición unha dobre liña: crítica da xestión do goberno local e propostas para mellorar a calidade de vida dos focenses e dos visitantes. Agora lanza unha nova proposta. O portavoz popular, Javier Castiñeira, explica que “dende o grupo municipal do PP, dentro da […]

Leer más

O PP de Foz insta a Cajoto a tramitar a redacción do plan especial para o casco histórico e a desenvolver o PXOM, aprobado polo anterior goberno local

O goberno local, presidido polo socialista Fran Cajoto, tres anos despois de asumir o goberno de Foz é incapaz de abandonar á parálise na que se atopa dende o primeiro día. Se en todos os aspectos a falta de iniciativa do equipo de goberno é un grave problema para Foz, é aínda máis grave no terreo urbanístico. O portavoz popular, […]

Leer más

O PP acusa a Cajoto de desaproveitar “o que debeu ser o verán da recuperación para Foz, e foi o da mala imaxe e o caos; o das obras inacabables e a improvisación”

O socialista Francisco Cajoto non acaba de superar a fase de prácticas á fronte do Concello e un verán máis Foz deu unha mala imaxe a causa da deficiente xestión do goberno local que preside. O portavoz popular, Javier Castiñeira, lamenta ter que facer un balance negativo, pero di que o equipo de goberno non estivo á altura das circunstancias […]

Leer más