A  Xunta activa a alerta laranxa por tormentas na montaña de Lugo a partir deste mediodía

Segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), trátase dun fenómeno meteorolóxico que dará comezo sobre as 13 horas e remitirá previsiblemente ao final da noite.  Virá acompañado de choivas e ventos localmente fortes e/ou con graínzo inferior a 2 centímetros. Existe a posibilidade de que poidan producirse tormentas de intensidade superior de xeito puntual.

Leer más