Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil de Protección Civil no Concello da Laracha

A Asociación de Voluntarios de Protección Civil da Laracha organizará un novo programa de voluntariado xuvenil que se vai realizar neste verán. Poden participar mozos de idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade. A inscrición estará aberta ata o 5 de xullo e debe formalizarse no Concello.

Leer más

As persoas voluntarias de Oleiros coñecen presencialmente ás persoas ás que chaman por teléfono

O Concello de Oleiros, con motivo do Día Internacional do Voluntariado que se celebra este domingo, organizou un café coloquio na Casa do Pobo de Nós entre as persoas do voluntariado de Oleiros que participaron no “Proxecto Falamos” e as persoas  que recibiron as chamadas durante a pandemia. Foi un encontro moi emotivo por coñecerse fisicamente, despois de moitos meses […]

Leer más

O BNG pídelle ao Goberno local que reactive o voluntariado municipal “para prestar axuda a persoas afectadas pola COVID-19”

A concelleira do BNG Avia Veira rexistrou este mércores un rogo escrito para que o Goberno Local reactive o voluntariado municipal que se puxo en marcha durante o pasado confinamento, co propósito de prestar axuda a persoas afectadas pola Covid-19 e que por distintas razóns carezan dunha suficiente rede familiar ou de amizades de apoio

Leer más
1 2