
O trunfo electoral do PP e VOX o 28 de xuño abocan inevitablemente á consolidación de dous grandes bloques cara ás Eleccións Xerais do 23 de xullo.
POR QUE TRUNFARON O PP E VOX O 28 DE XUÑO?
Dende que empezou a Guerra en Ucraína e Occidente quixo castigar economicamente a Rusia, inevitablemente os prezos subiron en todo Occidente.
Esa enorme suba de prezos foi pagada por todo o mundo -e sofrida por quen temos menos diñeiro-.
Esa enorme suba de prezos fixo que moita xente castigara aos Gobernos Occidentais de dúas maneiras: unha xente máis moderada votou a dereita, e outra á extrema dereita, así como algo fundamental de que xente de esquerdas abstívose.
Na Unión Europea ocorreu en 15 países: Bulgaria; República Checa; Croacia; Dinamarca; Eslovaquia; Finlandia; Francia; Grecia; Hungría; Irlanda; Italia; Letonia; Países Bajos; Polonia e Suecia.
E ocorreu o 28 de xuño en España nas Autonómicas e Municipais.
O IPC REAL E O IPC SUBXACENTE
Partindo de que cada Goberno fai o IPC a súa maneira, unha cousa é o IPC que agrupa a case todos os elementos, pero para a maioría da xente o fundamental é a INFLACION SUBXACENTE porque só ten en conta A ALIMENTACION NON ELABORADA, e a ENERXIA.
En todos estes países toda a xente consumimos todo o ano unha INFLACION SUBXACENTE enorme, cifrada agora polo Goberno Español nun 6% interanual.
OS RESULTADOS EN ESPAÑA NON FORON NENGUNHA SORPRESA
A INFLACION SUBXACENTE non foi o único motivo.
Hai moitos máis.
Pero a ALIMENTACION NON ELABORADA, e a ENERXIA fixo que unha parte importante da xente máis moderada votara ao PP e outra a extrema dereita de VOX. en castigo ao PSOE e UP, así como algo fundamental de que unha parte importante de xente de esquerdas abstívose.
AS ELECCIONS DO 23 DE XULLO
Hai cantidade de polític@s e asesores que viven nunha burbulla.
Do mundo real só reciben enquisas internas que teñen pouco valor, porque anque marquen unha tendencia, enquisas feitas a uns miles de persoas non se aproximan tanto á realidade cando seremos 37.466.432 ELECTORAS e ELECTORES.
Esta é a única explicación posible a que a todo o equipo de Pedro Sánchez colleulle de sorpresa os resultados do 28 de xuño.
Para que non se pudrira máis a situación externa -e interna contra Pedro Sánchez- o equipo dirixente do PSOE decidiu a opción menos mala de adiantar as Eleccións, anque co enorme risco de ter pouco que ofrecer en catro semanas, cando ademais a ALIMENTACION NON ELABORADA, e a ENERXIA baixan pouco, anque tal como fixeron hai un días poden aprobar algúns Decretos que xa están en vigor coma prorrogar rebaixar a IVE do 4 ao 0% en produtos de primeira necesidade; do 10 ao 5% noutros; favorecer a conciliación con tres novos permisos:1) de coidado de 5 días ao ano; 2) otro por «causa de forza maior»; 3) un permiso sen soldo de permiso parental de 8 semanas.
Algo inaceptable que non quixo facer o PSOE foi prorrogar que non se poda subir o alquiler durante 6 meses unha vez acabado o contrato.
Sí prorroga 6 meses a suspensión dalgúns deshaucios.
O BOOMERAN DO PP E VOX
Está a ocorrer que moita xente sinte medo a un Goberno do PP e VOX o que está a provocar un revulsivo crecente.
Engadamos os acordos que están chegando PP e VOX en Autonomías e cidades de quitar todo tipo de dereitos e liberdades contra a liberdade de expresión: contra a diversidade sexual: contra o feminismo………
Engadamos que non presentan NENGUN PROGRAMA CRIBLE ECONOMICO.
Engadamos que non hai futuro para a mocidade, e que ten en contra a parte da mocidade coma víuse nas Manifestacións do Día do Orgullo Gai, e que será espectacular este sábado en Madrid, o que da esperanza de que unha parte da xente nova vote, e outra xente de esquerdas non se absteña.
DE CAMPAÑA ATA O 23 DE XULLO
Cada partido progresista que faga o que ten que facer, pero tamén podemos facer cousas as persoas independentes de esquerdas
Ninguén sabemos o resultado.
Pero hai esperanza de que o 23 de xullo non sexa un día malo.
Fagamos o que podamos!!!!