POR ELES E POR NÓS

por Dulce Corcu
Mergullados xa no verán, nas altas temperaturas, no Nordés e neses profesionais dos que tanto requerimos todo ano, pero máis aínda nesta estación seca, os bombeiros comarcais galegos reivindican os seus dereitos, que pasan pola estabilidade laboral cunha folga indefinida desde prineiros de xuño, mentres promoven tamén unha manifestación para este vindeiro 13 de xullo en Santiago de Compostela, ás once da mañá con saída do Parlamento de Galicia e que rematará diante da Dirección Xeral de Emerxencias.

É imprescindible o apoio da cidadanía a un colectivo do que tanto dependemos, e que precisa unhas condicións laborais acorde a unha profesión tan exposta e chea de riscos. Arredor de 25 parques galegos que precisan da nosa asistencia e de que acompañemos a quen sempre se presenta cada vez que somos nós os que solicitamos os seus servizos. Acudamos á Compostela para que se algo ten que arder…sexan as inxustizas e os incumprimentos!

 /></p><p> </p></div><div class=

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario