O Concello de Cedeira inicia este mércores unha nova edición do programa “De Ruta” de saídas guiadas a pé

por Redacción A Coruña

Están programadas oito andainas ao faro de Robaleira, aos altos de Santo andré e á contorna de Punta Candieira, todas de balde e cun límite de 15 participantes

O Concello de Cedeira pon en marcha este mércores, cunha andaina ata o faro de Robaleira, una nova edición do programa ”De Ruta” de saídas guiadas a pé polos excepcionais paisaxes do municipio. As saídas que serán os días 5, 7, 12, 14, 19, 21, 26 e 28 de xullo, todas de balde e cun límite máximo de 15 participantes.

O programa “De Ruta” comezará este mércores, día 5 de xullo, cun percorrido ao faro de Robaleira. Será unha saída de 8km, de dificultade baixa/media e que se realizará nunhas catro horas, con saída desde a oficina de turismo ás 10.00 da mañá. O itinerario será circular, parte del polo sendeiro que vai desde as vellas fábricas de San Isidro ao faro. Unha vez alí o grupo poderá ver a antiga cetaria, a cala Mi Señora e gozar coas vistas da ría de Cedeira. A volta realizarase polo camiño que leva da praia das Cerdeiras ao Barral. Poderase facer esta ruta tamen o venres 14 e o mércores 26 de xullo.

Para o venres día 7, mércores 19 e venres 28 de xullo, a proposta é unha ruta polos Altos de Santo André. Serán tamén 8km dunha dificultade técnica baixa/media, pero con saída desde o mirador dos Carrís ás 10.00 da mañá. O percorrido irá pola Serra da Capelada e permitirá gozar coas vistas dos cantís de Santo André de Teixido, a Vixía de Herbeira e as rías de Ortigueira e Cedeira.

O mércores 12 e o venres 21 de xullo farase un percorrido circular na contorna de Punta Candieira, cubrindo unha distancia de 9km que, se estima, levará catro horas. O punto de encontro será no mirador de Punta Candieira ás 10.00 horas.

As persoas interesadas en participar en calquera destas andainas teñen que realizar a súa inscrición no Polideportivo Municipal, ou ben chamando ao número 981 482 633 ou enviando un mail a polideportivocedeira@gmail.com.

 /></p></div><div class=

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario