Conde cre que «a falta de decisións do Goberno de Sánchez» sobre o viaduto da A-6 é «unha irresponsabilidade que está afectando á competitividade económica, á accesibilidade dos cidadáns e ao turismo en Galicia»
-
«Levábamos un ano con obras de emerxencia na A-6 e, adicionalmente, un ano perdido tras o colapso, pola falta de decisión do Goberno e a súa negativa a executar as obras nos dous viadutos de forma simultánea que agora rectifica, dándolle a razón aos técnicos da Xunta», explicou
-
O candidato popular defende que «o Goberno galego tiña unha proposta clara e viable dende o punto de vista técnico que foi rexeitada polo Goberno de Pedro Sánchez»