Recortes Cero defende duplicar o investimento na loita contra a violencia machista

por Redacción Galicia

Recortes Cero concentrouse nas maternidades de máis de 20 hospitais de todo o país. En Vigo celebraron o acto en na rúa do Principe fronte a Zara.

“As mulleres somos as que máis sufrimos os recortes sociais, a precariedade crónica e agora sobre nós recae especialmente a inflación” asegurou a cabeza de lista Pastora Fernández, “a brecha salarial de xénero é tal que as mulleres gañamos de media un 23% menos cada ano, como se deixásemos de percibir o salario para mediados de outubro”.

As mulleres teñen a maior taxa de paro, maior taxa de temporalidade e desempeñan o 85% de todo o emprego parcial. Recortes Cero defenden que ningunha muller reciba un soldo inferior a 1.200 euros ao mes, e ningunha pensión por baixo do salario mínimo.

“Este é o noso primeiro compromiso coas mulleres traballadoras, coas Kelly do sector turístico coas miles de mulleres que traballan na nosa Sanidade, nos servizos de limpeza, nas oficinas e nas fábricas, porque acabar coa brecha salarial é unha cuestión de vontade política” asegurou Pastora Fernández.

Noutro momento do acto, rendeuse homenaxe ás mulleres asasinadas, “só na última década, máis de 360 menores foron deixados orfos, e 48 foron vítimas da violencia vicaria, asasinados polas parellas ou exparejas que maltrataban ás súas nais”. No acto denunciouse que “preto de 1,7 millóns de menores viven en fogares onde a muller é vítima de violencia machista en España”.

“A clave para acabar con este ‘terrorismo machista’ é a vontade política, pero tamén son necesarios recursos, por iso apostamos por duplicar o orzamento na loita contra a violencia machista, de 500 millóns entre todas as Comunidades Autónomas a 1.000 millóns, e poder duplicar o esforzo en prevención, en dotar de medios ás vítimas para a súa protección, independencia económica e acompañamento, e duplicar os recursos para formar a profesionais especializados na policía, a fiscalía ou tribunais especializados…”, concluíu a candidata.

Os actos realizáronse ante a porta das maternidades de distintos hospitais como xesto simbólico porque ‘a desigualdade empeza cando naces’, por iso, segundo Recortes Cero, ‘necesitamos un cambio estrutural, porque se non o impedimos, hoxe nacen 460 nenas das que a metade sufrirán violencia machista’

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario