O PP pregunta como está a tramitación e os prazos para que Lugo se sume ao VioGén

por Redacción Lugo

A concelleira popular Aurora Goás cuestiona que “Lugo sexa a única gran cidade de Galicia que non está neste protocolo contra o maltrato e tamén lamenta que xunto con Vigo sexan as dúas únicas grandes capitales galegas que rexeitan formar parte da Rede Galega contra a Vilencia de xénero”

O PP quere saber en que punto está a tramitación para adherirse ao VioGén lembrando que hai dous acordos unánimes de pleno, de outubro de outubro de 2019 e outro de 2020, nos que a instancias do Grupo Municipal do PP  a corporación, de forma unánime, apoiou unirse a este Sistema no que xa están dende hai anos o resto das grandes cidades de Galicia.

A concelleira popular Aurora Goás recrimina ao goberno local “a falta de interese en sumarse a este protocolo de colaboración e coordinación promovido no ano 2017 polo Ministerio do Interior entre as forzas e corpos de seguridade do Estado e a Policía Local para a protección das vítimas de Violencia de Xénero”.

Dende o Partido Popular explican que a única novidade con respecto a este asunto foi un tímido anuncio de Lara Méndez durante a precampaña das municipais e “dende esas declaracións pasaron 2 meses e non hai novidades”.

Rede Galega contra a Violencia de Xénero

Os populares tamén reclaman que de forma paralela se traballe para sumarse á Rede Galega contra a Violencia de xénero onde xa están 226 concellos galegos, entre os que figuran todas as grandes cidades excepto Lugo e Vigo.

De feito existe tamén un acordo de pleno do ano 2017 no que, a instancias del PP, se aprobou unha iniciativa para que Lugo se adherise á Rede Galega contra a violencia de xénero. (PP, PSOE, Lugonovo, Ciudadanos, BNG e ACE).

Aurora Goás explica que ambas  ferramentas, Viogén e Rede Galega contra a violencia de xénero, buscan mellorar a coordinación e o traballo en rede de forma transversal, non só para dar  resposta e atención ás vítimas, senón tamén para anticiparse e previr agresións que non deberan ter cabida na nosa sociedade”.

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario