O proxecto plantexado pola área de Mobilidade e Infraestruturas propón a creación de novas zonas verdes e un novo paso accesible entre o barrio de Recatelo e o Parque de Rosalía
O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, acompañado polo concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas e por persoal técnico da área de Mobilidade e Infraestruturas, presentou o anteproxecto de reconstrucción do muro da rúa Frai Plácido Rei Lenmos. Arroxo explicou que a finais de 2022, o Goberno de Lugo procedeu a apuntalar despois de que os servizos técnicos do Concello de Lugo revisaran o desgaste da infraestrutura durante máis de 15 anos. «Os servizos técnicos do Concello decidiron que era o momento de actuar antes de que o deterioro do muro continuase», explicou Rubén Arroxo, que engadiu «hoxe presentamos o anteproxecto da reconstrucción integral desta estrutura, onde aplicamos un gran número de melloras con respecto ao estado anterior deste muro».
O anteproxecto presentado hoxe busca mellorar a integración paisaxística do muro, ao mesmo tempo que busca eliminar a barreira arquitectónica que supón a diferencia de cotas, aplicando criterios como a o respecto polo entorno e a calidade estética da solución. A diferencia de alturas resolverase cunha solución máis orgánica e integrada que a actual, fuxindo da reconstrucción dun muro de gran altura que non dialoga coa contorna. «Proponse un escalonamento do muro en distintos bancais, o que permitirá mellorar o impacto visual da estrutura», explicou Rubén Arroxo.
No primeiro dos bancais, o máis próximo á rúa Frai Plácido Rei Lemos, proponse unha zona completamente axardinada, «creando unha nova zona verde na cidade para o desfrute de toda a veciñanza, e avanzando no obxectivo de crear un gran pulmón verde nas rúas de Lugo, reducindo a temperatura do pavimento especialmente nos días de máis calor», afirmou Rubén Arroxo.