Os deputados do PP iniciaron en Ribadeo unha ronda de visitas a todos os concellos da provincia

por Redacción Lugo

Os deputados populares elixiron este municipio ao ser recentemente recuperado o goberno polo PP e puxeron en valor o traballo realizado por Dani Vega dende que chegou a alcaldía de Ribadeo

  • anto Antonio Ameijide como Carmen José López coincidiron ao destacar que o que recuperar Ribadeo é o resultado de todo o esforzo realizado polo hoxe rexedor durante os últimos anos fiscalizando a acción do anterior goberno ribadense, «sempre propoñendo solucións en positivo aos problemas dos veciños»

  • O voceiro popular afirma que o traballo feito neste anos en Ribadeo debe servir de exemplo para recuperar outras vilas e cidades e mesmo a Deputación Provincial e ofrece o traballo e colaboración do grupo provincial a todos os concellos da provincia

  • Con esta visita á Mariña lucense, os deputados populares inician unha rolda de visitas a todos os concellos da provincia para coñecer ás necesidades existentes en cada municipio e estudar as posibles solucións que se poden poñer en marcha dende a Deputación

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario