O PP discrepa coa idea do goberno local de cambiar o tráfico de Santo Domingo para que pase por diante do convento

por Redacción Lugo

A voceira do Grupo Municipal Elena Candia e o concelleiro de urbanismo Ramón Cabarcos explicaron en rolda de prensa unha batería de propostas “consensuadas coa veciñanza e colectivos lucenses” para mellorar os proxectos de peonalización do centro”

• Os populares, que compareceron en rolda de prensa nun dos lugares onde está prevista unha das tres actuacións financiadas con fondos europeos, explicaron a iniciativa que presentarán no pleno de xullo con varios documentos gráficos onde se detallan os cambios que solicitan

• Son propostas que supoñen “unhas mínimas modificacións, que non van incrementar prazos de execución, nin o custo de adxudicación xa que en ningún caso suporán un modificado de proxecto e que pivotan sobre dous eixos: conservar as superficies axardinadas e os elementos asociados á memoria histórica de espazos que teñen vida propia”

• As achegas que se presentan son froito do consenso logo de manter nos últimos días reunións con entidades como a Plataforma zona centro; ADEGA, Asociación de Repartidores ou Asociación Provincial de Hostalería e Lugo Monumental .

/>PROPOSTAS

• Os populares avogan por conservar as zonas axardinadas que existen “algunhas delas son espazos emblemáticos que desaparecen sen xustificación”

• Tamén reclaman que “se dea unha pensada ao mobiliario urbano e que se seleccionen bancos con respaldo e para uso colectivo” e indican que “se opoñen a que se retiren elementos que forman parte da memoria histórica como a fonte da praza de San Fernando”

• Tamén solicitan o deseño dun plan de tráfico adaptado aos novos espazos urbanos que resulten das intervencións previstas no casco histórico e apoian ao sector da distribución que reclama zonas de carga e descarga para facilitar o seu traballo

REPLANTEXAR PROXECTOS

• As obras de peonalización do casco histórico (Praza de Santo Domingo, Praza do Ferrol e rúa Montevideo) “deben facerse co máximo consenso posible” xa que “estamos falando de actuacións nas que se gastarán 6M€, 1.000 millóns das antigas pesetas, e que cambiarán por completo a mobilidade e a forma de vida do centro de Lugo”

• Elena Candia afirma que “se ben é meritorio que o goberno local consiga fondos públicos para Lugo, resulta erróneo o plantexamento dos proxectos” engadindo que “estamos a tempo de revisar as intervencións que están programadas” e reflexionando que “podemos solucionar as improvisacións, e poñer coto ao despilfarro en cuestións sen sentido que o goberno local pretende executar para xustificar a achega de fondos europeos”

• O concelleiro popular explicou algunhas cuestións que considera se deberían replantexar como por exemplo, que se vaia a colocar unha lámina permeable drenante encima dun aparcamento; a elección de bancos sen respaldo, individuais …; que se eliminen zonas axardinadas, ou o uso de alcorques metálicos en lugar de solucións axardinadas

<div class=

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario