Os populares aseguran «pola tardanza na contratación deste servizo, socorristas de Burela están a traballar noutros Concellos da zona»
O PP insta ao bipartito a «deixar de botar balóns fóra culpando á Xunta cando se trata dun servizo de competencia municipal» e explican que «podían xurdir ideas novas se convocaran ao comité de praias no que ten representación a oposición»
Os populares advirten que «a comezos de xullo Burela só conta cunha bandeira azul izada, na praia da Marosa» e condenan a «hipocrisía» das palabras da señora López Moreno sobre a man tendida á oposición; xa que «o Grupo Municipal Popular non foi convidado ao izado»