Sumar Galicia propón un algoritmo que beneficia ás mulleres novas galegas

por Redacción Galicia

Sumar Galicia anunciou este luns unha nova proposta dirixida ás mulleres novas galegas: o algoritmo Her, que ten como propósito reducir a fenda salarial que se incrementou particularmente entre os máis novos.

«A fenda de xénero reduciuse nos últimos anos, pero o sentido foi o contrario entre a mocidade: entre 2010 e 2010, a diferenza salarial entre as traballadoras e os traballadores de entre 18 e 25 anos incrementouse en case un 2%», dixo Verónica Martínez Barbero, cabeza de lista de Sumar ao Congreso por Pontevedra, citando datos da Axencia Estatal da Aministración Tributaria.
Galicia mantén unha fenda salarial do 19,3% que ascende ao 30,4% se temos só en conta o sector privado, o que provoca que as mulleres gañemos anualmente de media 5.000 euros menos que os homes».
«Por iso, dende Sumar Galicia propoñemos acabar coa fenda salarial mediante un algoritmo que incorpore toda a información recollida grazas aos instrumentos da  transparencia creados nesta última lexislatura, cos que temos unha idea das causas e magnitude da fenda salarial», explicou Martínez Barbero.
«Este algoritmo, ao que chamamos ‘algoritmo HER’, vai ter un efecto especialmente positivo sobre as mullers novas, as que máis están a sufrir a fenda salarial», subliñou a candidata.
A ex directora xeral de Traballo resaltou tamén que os algoritmos non son neutros, xa que incorporan estereotipos que dan lugar ao sesgo algorítmico, que consiste nunha discriminación algorítmica baseada no xénero.
«Dende Sumar queremos gobernar dunha vez a intelixencia artificial e aproveitala ao noso favor, en favor da cidadanía e das mulleres novas».
«Cómpre agora aproveitar a vantaxe das nosas políticas previas e usar ao noso favor a intelixencia artificial».
«Poñemos este medida na mesa e reivindicamos que a única maneira de defender á cidadanía galega, ás mulleres, mozas galegas, é reeditar o goberno de coalición. A mellor maneira de conseguilo é votando a Sumar en Galicia».

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario