A nova solicitude de concesión do Clube Fluvial de Lugo segue sen garantir o acceso ao río Miño

por Redacción Lugo

O novo proxecto do Club Fluvial nin garante o acceso á zona de servidume do río nin repara as ilegalidades acometidas pola entidade

O Clube Fluvial de Lugo leva dende o 28 de abril de 2022 sen concesión para a ocupación do dominio público hidráulico, e sen cumprir coa resolución de extinción emitida pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil que lle obriga a demoler e retirar as obras e instalacións situadas no dominio público hidráulico do río Miño, así como a deixar expedita a zona de servidume para uso público.

Nesta situación de absoluta irregularidade, ADEGA vén de coñecer que o Club Fluvial solicitou unha nova concesión para uso e ocupación do dominio público hidráulico do río Miño diante da CHMS, para o que redactou un novo proxecto no que propón a eliminación unicamente do valado das canchas deportivas, do torno da zona de piragüismo e da piscina infantil (que recentemente pintou), para deixar libre, hipoteticamente, o acceso á zona de servidume do río Miño.

 /></p><p>Porén, desde ADEGA rexeitamos este novo proxecto do Clube Fluvial por canto segue sen garantir o acceso á zona de servidume do río Miño, ao non contemplar a eliminación de todas as infraestruturas que a día de hoxe ocupan irregularmente o dominio público hidráulico, como son as canchas deportivas e todo o valado e cancelas que acordoan o recinto do Clube na zona de servidume do río. Así mesmo, este proxecto oculta deliberadamente a situación de ilegalidade na que se atopan varias infraestruturas executadas recentemente polo Clube Fluvial, tamén en dominio público hidráulico, contrariando as leis vixentes e que están pendentes de reposición a un estado de legalidade, como son as obras do aparcadoiro e a nova cancela que impide o paso á zona de servidume do río desde a rúa de Fermín Rivera. Este último feito tamén foi denunciado por ADEGA-Lugo ante a CHMS.</p><p><img decoding=

Etiquetas ,
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario