O PP propón un pacto que defina as liñas estratéxicas para mellorar os servizos sociais do Concello de Lugo

por Redacción Lugo

Os populares tamén defenden, que de forma paralela, se reactive o Consello Local de Servizos sociais para dar participación ao tecido social que mudou moito nos últimos tempos co ánimo de camiñar da man da nova realidade que hai no municipio

O Partido Popular avoga para que as persoas estean no centro da acción política e, por ese motivo,  pedirá no pleno do 27 de xullo que PSOE e BNG apoien un pacto institucional para sentar as bases das futuras actuacións relacionadas cos Servizos Sociais.

O edil popular Gustavo Díaz puntualizou que queremos traballar para acadar un consenso e que “este acordo aseguraría unha planificación ao longo prazo dos Servicios Sociais e permitiría contar cos axentes sociais na toma de decisións”.

De forma paralela o Grupo Popular pedirá ao goberno local que reactive o Consello Local de Servicios Sociais que estivo nos últimos tempos inactivo “gustaríanos que  neste mandato este órgano cobre protagonismo para dar voz ao tecido social do municipio”.

Así explicaba o concelleiro popular Gustavo Díaz o clamor por parte das entidades sociais para participar e contribuir na toma de decisións neste ámbito. O edil do PP manifestou que entre as funcións deste Consello estaría a elaboración de informes previos á toma de decisións, tamén apuntou a necesidade de que se actualice a súa composición tendo en conta os cambios experimentados pola realidade social de Lugo.

Etiquetas
Comparte éste artículo
Escribe tu comentario