Denuncian que o macrofestival Wake Up tivo “un importante impacto” no Parque de Bens

por Redacción A Coruña

O macrofestival superou enormemento os límites de contaminación acústica permitidos no Parque de Bens

O pasado fin de semana celebrouse o macrofestival Wake Up & Dream. Este festival deu a oportunidade ás persoas que se achegaron ata o Parque de Bens para desfrutar de iconos da música techno. Mais non é ouro todo o que reluce, e o macrofestival tamén tivo un importante impacto no parque, como defende Ecoloxistas en Acción A Coruña. A asociación xa viña advirtindo dende fai varias semanas que o macrofestival tería unha gran pegada ambiental, afectando gravemente á biodiversidade do parque, no que viven especies protexidas como o Lagarto Arnal, así como na contorna do parque, onde se poden atopar as Illas de San Pedro, consideradas Espazo Natural de Interese Local.

Valores de ruído moi superiores aos máximos dunha zona protexida

As sospeitas confirmáronse cando deu comezo o festival, dende o primeiro momento, o alto nivel de ruído da música podía ser escoitada dende a casa dos veciños. Ecoloxistas en Acción confirmou os temores de contaminación acústica facendo medidas arredor do parque, onde chegaron a alcanzarse cotas superiores ós 100dB, moi superiores a os permitidos nunha zona que conta especial protección contra o ruído, limitando a 60dB o máximo de sonido, para protexer á súa fauna. Segundo o grupo, isto afectou a varias especies de aves que non puideron realizar a cría, sen contar con todas as especies que poideron morrer a causa da actividade humana e a constante vibración do solo provocada pola música. «O martilleo era constante, escoitabase dende a urbanización dos rosais sen problemas, e as nosas medicións estaban limitadas ás zonas periféricas do Parque de Bens, xa que este se atopa pechado ao acceso público, con toda seguridade no propio parque as medidas houbesen sido superiores».

Acceso restrinxido ao Parque de Bens

E este é outro dos problemas que tamén recalcan dende a organización. O acceso ao recinto do Parque natural de Bens estivo totalmente restrinxido durante o transcurso do macrofestival, «pechouse todo o parque, público, que ten un área de 600 mil metros cadrados, cando a zona do festival, que é organizado por unha empresa privada para o seu lucro, ocupaba menos do 5% do mesmo».

></p><h3 id=Degradación do solo

E ese 5% por cento foi o mais afectado segundo o grupo ecoloxista, pódese apreciar perfectamente a zona que ocupou o festival pola degradación do solo, foi como se pasase atila, non quedou nada vivo na zona, toda a zona axardinada vai ter que ser recuperada, se o é, e iso pode custar mais cartos para a cidadanía.

Lixo

Según a organización, rexistraronse varios puntos onde o nivel de lixo era importante, en xeral, informan da presencia dun gran número de residuos plásticos, como botellas de auga e vasos, pero tamén numerosos plásticos para envolver os pales de bebidas. «Confiamos en que a empresa organizadora deixe todo limpo e se eviten mais estragos no parque» e recalcan que a basura non se atopa so na zona dos concertos, senón que tamén na zona do lago, no aparcamento, e mesmo na carreteira de baixada do parque se poderon apreciar gran número de residuos plásticos, ocasionados pola xente que se dirixia ao festival con toda probabilidade.

Falta de transparencia do concello

Outra das súas queixas foi a falta de transparencia do concello respecto do tema. Nas pasadas semana, a alcaldesa Inés Rey asegurou que o macrofestival contaba con todos os requisitos para a súa realización, cousa que dende a organización poñen en dúbida, xa que se trata dunha zona de especial contra o ruído. Reclaman que non foron capaces de acceder ao informe ambiental que é necesario para a realización nunha zona natural como o Parque de Bens, «ata onde sabemos, é posible que tal informe nunca se realizase».

Comparte éste artículo
Escribe tu comentario