“Seguimos recibindo ao través do servizo de whatsapp de 618 626 902 peticións da veciñanza, desta volta reclaman melloras no mantemento de zonas de xogo para a cativada en Avenida de Magoi, Aquilino Iglesias Alvariño, Praza de Alacante e Paseo dos Estudantes”
No vindeiro pleno presentaremos un rogo no que solicitamos a renovación do pavimento de caucho dos parques infantís da cidade xa que en moitos deles o pavimento, que tería que ser continuo, presenta fendas de varios centímetros de profundidade que poñen en risco a seguridade da rapazada
Zonas afectadas
Os vecinos nos manifestron que zonas de xogo como a do Parque Marcos Cela, ou Aquilino Iglesias Alvariño están en moi mal estado.
Tamén na Praza de Alicante están molestos porque como consecuencia das obras deste espazo retiraron a zona de xogos prometéndolles un novo parque. Pasaron meses dende que se repavimentou a praza e seguen sen novas do parque infantil que comprometeron.
Outro punto no que solicitan a reparación do peche do recinto de xogos é no parque que está nas inmediacións da Escola Ramón Falcón. Asemesmo hai varias demandas de usuarios relativas a arranxar a zona de Campo Castelo, pero neste caso xa está licitado o proxecto de mellora co que as obras deberían estar a punto de comezar.
Todas estas peticións chegaron ao Grupo Popular a través do servizo de 618 626 902 e tal e como nos comprometemos daremos traslado ao goberno local das demandas veciñais co ánimo de que se resolvan da forma máis áxil posible.
A concelleira popular Mar Carballas lamenta a falta de previsión, por parte do goberno local, co mantemento deste tipo de infraestruturas que cando teñen máis uso é durante o verán “é un fallo que non fixeran unha revisión previa para ter estes espazos, a estas alturas en bo estado de revista”.